Cultura celta
Benvido!!!
Ainda estamos en provas pero podes pasar e porte comodo,tas na tua casa!!

Unirse al foro, es rápido y fácil

Cultura celta
Benvido!!!
Ainda estamos en provas pero podes pasar e porte comodo,tas na tua casa!!
Cultura celta
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Banshea, unha lenda celta

Ir abajo

Banshea, unha lenda celta Empty Banshea, unha lenda celta

Mensaje por anxo Dom Abr 19, 2009 12:52 pm

Banshea, unha lenda celta Banshee-original
Espírito feminino dos pobos gaélicos e celtas, que se oe a miúdo pero non se ve case nunca. Dise que é unha muller con cabelos negros e desordenados, os ollos vermellos de tanto chorar, un vestido verde e unha capa gris. Emite un berro horrible, mestura do aullido do lobo, o graznido dos gansos salvaxes, os berros dun neno abandonado e os gemidos dunha muller ao dar a luz.

Este terrible e semihumano queixume espertará ao máis durmido e oirase por encima do vento máis forte. É especialmente estremecedor cando resoa sobre os páramos e os lagos, no crepúsculo dun día nubrado de verán.

O aullido da Banshea significa que un membro da familia que o oe vai morrer. Pode ser alguén que estea lonxe do seu fogar, pero a Banshea advirte á familia no pobo natal.

A palabra "banshea" derívase do celta bean seidh, que significa "Muller das Fadas".

"Enciclopedia das cousas que nunca existiron"

Michael Page y Robert Ingpen, Anaya) Banshea

Escuridade. As sombras esvaran e agóchanse tralas tellas douradas da noite.

Paz de auga asulagada nas tellas douradas da noite.

Vento que lambe húmidas herbas entre as tellas douradas da noite.

Berro xeado que creba a paz con máis paz e se filtra como pingas de dor nas tellas douradas da noite.

Parto absurdo, infindo sufrir.

¿Ónde vas, vella Banshea,

co vento ás costas e o tempo nas mans?

Fondas enrugas dunha imposible sabedoría non aprendida.

¿Por que choras, muller das fadas,

co mundo ás costas e as mans de borralla?

Árbore esnaquizada polo lóstrego, noites de lúa e moito lembrar.

Volta prá terra queimada, vella Banshea,

e cando máis chova berra con voz esnaquizada polo lóstrego dende as tellas douradas da noite.

Ou agarda a morrer no día, coas horas fuxindo das túas mans como paxaros espantados polo lume.
anxo
anxo
Admin

Cantidad de envíos : 28
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 11/04/2009
Edad : 31

https://culturacelta.forosactivos.net

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.